Tempo  6 horas 41 minutos

Coordenadas 1254

Fecha de subida 6 de mayo de 2014

Fecha de realización mayo 2014

-
-
790 m
494 m
0
3,7
7,3
14,64 km

Vista 4423 veces, descargada 98 veces

preto de Zobra, Galicia (España)

Formando parte da Dorsal Galega, os Montes do Testeiro agochan importantes fragas nas que sobrancean os carballos. Así é nos vales onde o río Zobra entrega as súas augas ao Deza. Por aquí, por estes bosques do Coto de Zobra discorrerá o noso roteiro, pasando dun val ao outro pola forca de Campo Valiño, xa en cotas altas.

Podemos comezar na aldea de Moa e, logo de atravesala, baixamos por un vieiro que nos levará entre carballos ata as beiras do río Zobra, que tendremos que vadear por riba dunhas pedras que fan de poldras ou pasos (en tempos de crecida do río poden estar cubertas pola auga). Subimos, xa na outra marxe, mergullados entre carballos e gañando altura teremos fermosas vistas sobre Porto Marín, aos pés do monte Coco.

Acadamos o lugar de A Trigueira e aquí atoparémonos con antigas construcións para a explotación dos xacementos de estaño e na baixada cara o Deza veremos algunas bocaminas. Chegamos ao río na marabillosa área de lecer da Chapacuña de Ramiro, que merece uns prolongados folgos.

Con nova forza subimos ata a forca de Campo Valiño con boas panorámicas aos vales do Deza e Zobra, monte Coco e o núcleo da parroquia de Zobra, a onde nos encamiñamos. De Zobra ata Moa -onde comezamos- será un doado paseo sen desnivel e por vistosas corredoiras.

Ver más external

refugio libre

A Trigueira

Lugar da parroquia de Zobra onde había unhas explotacións de estaño.
foto

Camiño

Vieiro que entre carballos baixa ao río Zobra desde Moa.
panoramica

Campo Valiño

Paso no alto do monte entre A Trigueira e Zobra.
Picnic

Chapacuña de Ramiro

Área de lecer con zona de baño no río Deza. No lugar de A Trigueira.
Waypoint

Comezo Zobra

Punto de inicio da nosa andaina, no lugar de Moa, parroquia de Zobra.
foto

Congostra

Camiño que une Moa con Zobra.
foto

Corredoira

Camiño que leva ao río Zobra desde o núcleo da parroquia homónima.
fuente

Fonte 1

Fonte situada no comezo do roteiro en Moa.
fuente

Fonte 2

Fonte situada no lugar de Moa.
fuente

Fonte A Trigueira

Fonte no lugar de A Trigueira.
fuente

Fonte da Calexa

Fonte na aldea de Moa.
fuente

Fonte Zobra

Fonte de auga potable en Zobra.
Picnic

Mesa

Mesa situada na aba do monte, preto de Campo Valiño.
foto

Mina estaño

Antiga mina de estaño no lugar de A Trigueira.
panoramica

Miradoiro

Miradoiro sobre o val do Deza e o monte Coco.
foto

Moa

Lugar da parroquia de Zobra. Punto de comezo da nosa andaina.
foto

Muiño

Muíño no río Zobra.
Ponte

Pasos

Pasos ou poldras no río Zobra.
árbol

Piñeiral

Bosque de piñeiros no val do río Deza, fronte a Porto Marín.
Río

Rego

Pequeño regueiro afluente do Zobra.
Río

Rio Zobra

Afluente do Deza. Nace nos Montes do Testeiro, Zobra.
Río

Rio Deza

Afluente do Ulla. Nace nos Montes do Testeiro, na parroquia de Zobra, Lalín.
Río

Rio Zobra

Pequeño afluente do río Deza. Nace nos montes do Testeiro, na parroquia de Zobra.
foto

Zobra

Parroquia do concello de Lalín. Está situada nos montes do Testeiro.

2 comentarios

  • Losobrino 09-mar-2015

    feita o 04/03/2015 con un día espectacular e moita auga por todos os lados. Para atravesar o río tivemos que botar un tronco e logo pasar por enriba del. Menos mal que hai quen publique estas rutas porque a oficial do concello de Lalín carece de sinais ou están tiradas polo chan. Eso si, téñenas publicadas na páxina do concello

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 09-mar-2015

    Saúdos, "Losobrino".

    Este roteiro non é o oficial e só coincide con él nun treito.
    O paso do río eu fíxeno sobre unhas pedras que fan as veces de poldras, mais pode ser que se o río viña con moita auga estuvesen cubertas ou tamén podese ocorrer que como o GPS non é moi preciso debaixo da arboreda non vadeasees o río polo mesmo punto que eu.
    Para ter maior seguridade con este único punto dudoso, aconsello facer o percorrido con tempo máis ben seco.

    Boas rutas, amigo.

Si quieres, puedes o esta ruta