TURISMO DE SAMOS

TURISMO DE SAMOS

215

Conta Oficial

O proxecto Turismo de Samos está enmarcado dentro do proxecto DÍXITO da Lug Open Factory que contempla entre outras cousas a alfabetización dixital do rural a través de diferentes campañas de comunicación, formación, e capacitación para a mellora da vida no rural galego.

Comezamos o desenvolvemento deste programa en Samos, porque a principal impulsora do proxecto é Vida Láctea nada aquí, especializada en turismo deportivo e que quere abrir unha serie de rutas para todos os nosos visitantes.

RESPECTO DAS RUTAS:

- Procura seguir as recomendacións que vos damos para camiñar.
- Comparte as fotos con nós se queres.
- Síguenos, que nós te seguiremos tamén!.
- Toma esto como un divertimento, con sentidiño!.

A proposta que vos facemos de rutas e paseos non é máis que iso: tentar de coñecer Samos e que fagamos algo de deporte. Lembra que tí só tes a responsabilidade de pasalo ben, pero para elo tes que ir preparad@, senón non vas disfrutar.

Calquera das rutas pasa por camiños públicos, non están sinaladas nada máis que nesta aplicación, así que non sigas ningún sinal que vexas polo camiño: non teñen pérdida, son moi básicas e aseguibles para todos e todas.

Membro de diciembre 2021

Miembro Premium