Dificultade técnica   Moderado

Tempo  6 horas 3 minutos

Coordenadas 1541

Fecha de subida 29 de septiembre de 2015

Fecha de realización septiembre 2015

-
-
228 m
-56 m
0
3,2
6,4
12,74 km

Vista 1211 veces, descargada 36 veces

preto de O Pindo, Galicia (España)

O treito litoral que se estende entre o porto de Quilmas e a punta de Caldebarcos recibe o nome de Costa da Cabra.

Nesta abrupta franxa atópanse pequenas praias coma as de Quilmas, do Pedrullo, Corna Becerra e Carballiños, testemuñas de areais entre os adoitados rochedos graníticos. A costa é perigosa, con frecuentes farallóns e por terra temos unha rasa con pequenos saíntes rochosos.

No porto de Quilmas, onde dicen que os normandos arranxaban as súas maltreitas embarcacións logo de guerrear, hai restos de antigas fábricas de salgadura e almacéns de aparellos de pesca que datan do século XIX.

Terra adentro érguese o espectacular monte Pindo, mole granítica con cumio de 627 m no pico de A Moa. Este chamado Olimpo Celta, con grande cantidade de lendas e historias, está ateigado de formacións rochosas, cada unha máis sorprendente ca outra; os bolos son ciclópeos e na zona atopáronse restos arqueolóxicos coma petróglifos e utensilios de bronce.

A nosa xeira comezará no lugar de O Pindo, a carón da súa igrexa de San Clemente, e iremos collendo altura polo vieiro acostumado que sube ao cimeiro de A Moa. A media altura viraremos a dereita, cara ao Chan das Lamas, onde permanecen antigos currais de pedra para a recollida do gando. As vistas sobre Fisterra son para pararse.

Chegados a zona de As Pardiñas, a panorámica cambea e agora albiscamos a longa praia de Carnota e por detrás dela a lagoa de San Martiño, onde remata o rego de Vadebois. Hai que deterse tamén aquí é disfrutar do fermoso cadro.

Proseguimos baixando polas abas cara o Camiño dos Costados en Panchés e de aquí avantamos hacia a Costa da Cabra. Agora os sendeiros e carrouchos perdense entre as herbas e pedras, mais non habrá problemas para acadar de novo o lugar onde comezamos, a igrexa de O Pindo.

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta