• Foto de Senda Costeira de Xove (Vilachá)
  • Foto de Senda Costeira de Xove (Vilachá)
  • Foto de Senda Costeira de Xove (Vilachá)
  • Foto de Senda Costeira de Xove (Vilachá)
  • Foto de Senda Costeira de Xove (Vilachá)
  • Foto de Senda Costeira de Xove (Vilachá)

Dificultade técnica   Moderado

Tempo  3 horas 3 minutos

Coordenadas 492

Fecha de subida 16 de noviembre de 2015

Fecha de realización noviembre 2015

-
-
133 m
-11 m
0
1,7
3,3
6,66 km

Vista 1048 veces, descargada 11 veces

preto de Portocelo, Galicia (España)

En esta Ruta faise unha parte da "Senda Costeira de Xove" con saída e chegada na mesma aldea de Vilachá (Ruta Circular).
Saimos dende o centro de Vilacha, moi preto da Igrexa parroquial, e collemos en dirección Punta da Mansa, para despois desviarnos en dirección o Alto do Antemil, onde se encontra soterrado un castro costeiro "Croa de Antemil", recentemente catalogado como xacemento arqueolóxico na Direccion Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia.
Dende o Alto do Antemil, as vistas da Ria de Viveiro, e de toda a costa oeste de Xove son impresionantes. Seguimos en dirección Enseada de Coído, para encontrarnos con un miradoiro natural impresionante, "O Pico de Coído" con 95 m de altitude, en vertical o mar. Seguimos a Ruta e baixamos a Praia de Coído, composta por cantos rodados "coios". Nesta zoa encontranse os restos de dous muiños costeiros. Estos muiños costeiros vertian a suas augas directamente no mar, pois están colgados da ribeira.
Seguindo a Ruta, vamos a coller en dirección Punta Roncadoira, onde se encontra o Faro de Roncadoiro. Unha vez na carretera asfaltada que nos leva o Faro, a escasos 50 metros, encontramonos con un letreiro que nos pon "Pena Sombreireira". Seguindo a senda, esta vainos levar o alto do Monte Castelo. Na zoa alta do Monte vamos a ter unha bifurcación da Senda, a primeira a esquerda levaranos o Miradoiro de Poñente, onde se encontra un banco, para poder sentarnos e disfrutar dunha posta de Sol impresionante, sobre todo no verán. Si voltamos pa senda e seguimos, a escasos 300m vamos a encontrarnos ca "Pena Sombreireira", co seu letreiro en madeira, xunto con unha praca posta na Pena, onde se explican unhas curiosidades desta pedra.
Mais adiante a menos de 100 m. encontramonos co Miradoiro de Nacente, co seu banco para poder sentarnos e relaxarnos con unhas fermosas vistas da Illa da Cal, Illa de Sarón, Cabo Morás, Enseada de Sucastro, Punta Merixe, etc.....
Seguindo a Senda, nunha pronunciada baixada moi preto do acantilado e con vista a Illa da Cal, vamos chegar a Senda do Camiño Natural do Cantabrico, onde colleremos a dereita, bordeando o Monte Castelo, para voltar a chegar a pista que vai o Faro Roncadoiro. Dende este punto, voltaremos todo por pista asfaltada, ata Vilachá, o mesmo punto de partida.
Ruta Circular, fácil, con pouco mais de 6 km, moi bonita,e onde vamos a coñecer parte da costa oeste de Xove.
A subida o Monte Castelo faise imprescindible, pois as vistas dende este punto son impresionantes.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta