Dificultade técnica   Fácil

Tempo  6 horas 14 minutos

Coordenadas 1134

Fecha de subida 18 de noviembre de 2015

Fecha de realización noviembre 2015

-
-
718 m
446 m
0
3,2
6,4
12,77 km

Vista 696 veces, descargada 27 veces

preto de Seoane, Galicia (España)

Este roteiro discorre por un treito do antigo Camiño Real que unía O Cebreiro con Quiroga, atravesando a Serra do Courel. O percorrido é unha pequena parte da Ruta do Lor, de 68 Km en total, e que acompaña a este río ata a súa desembocadura no Sil pasando por zonas de un elevadísimo valor paisaxístico e etnográfico.

A meirande parte farase baixo os soutos que hai ao longo do camiño que une Seoane con Ferreirós de Abaixo, e de aquí a Folgoso baixo soutos e fragas con algunha parte por monte baixo con boas vistas sobre o val do Lor.

Saímos de Seoane do Courel e o primeiro punto a salientar é a ferrería de Seoane ou de Locay -que era o apelido do seu dono- que foi construída no ano 1808 para a transformación do ferro do monte Formigueiros e que chegou a funcionar como serradoiro, muíño e tamén como a central hidroeléctrica que abastecía a Seoane.

Teremos ocasión de ver algunhas alvarizas -construcións de pedra para protexer as colmeas-, varios sequeiros para o secado das castañas e a antiga canteira de pizarra, a Louseira de Mercurín.

Rematamos a nosa andaina no centro de Folgoso do Courel, ao carón da súa igrexa.

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta