Dificultade técnica   Moderado

Coordenadas 1317

Fecha de subida 30 de mayo de 2016

Fecha de realización mayo 2016

-
-
730 m
152 m
0
3,7
7,4
14,89 km

Vista 684 veces, descargada 47 veces

preto de Viñoás, Galicia (España)

O pasado 15 de maio inaugurouse un fermosísimo roteiro polo concello de Nogueira de Ramuín da man da asociación Móvete por Nogueira que traballou arreo para abrir vieiros cegados e que contou co sólido apoio da empresa de lecer Rutea.

O percorrido desenrólase polas abas e cimeiras de a cabalo entre o río Miño e o Sil, por camiños, congostras e carreiros testemuñas de tempos de "contrabando" coa fariña que saía dos muíños que hai por debaixo de Baldomir.

Sendo o traxecto circular, nós ímolo comezar en Penalba, na antiga estrada N-120a e seguindo o sentido das agullas do reloxo, sobor de A Ferreirúa, teremos a vista de paxaro, aló embaixo, ao río Miño e deseguido verémonos mergullados no medio de carballeiras que de cando en vez trócanse soutos.

Chegados a Moura non podemos deixar de ir ata o miradoiro de A Lampa, de onde albiscamos o mosteiro de Santo Estevo, tendo aos nosos pés un Sil que baixa entre paredes verticais. Deixando atrás a vella escola, entramos nunha contorna de penedía onde as rochas teñen nome de seu: Penedo do Trigo, Penedos de Rufino e a impresionante e vertical Pedra Longa de imprescindible visita cun pequeno desvío. Conta a lenda que aquí unha princesa moura sufriu un infeliz encontró e tivo que enterrar as súas alfaias e outros tesouros entre as enormes rochas do camiño.

Da aldea de Monteverde ata a de Baldomir, o noso sendeiro, cadra có do Maquino Largaño, para logo internarse polas beiras dun pequeno rego con marxes ateigadas de feiticeiros muíños hidráulicos, vendo todos cunha curta desviación no recorrido.

Máis carballos, bidueiros e castiñeiros que nos envolven nunha fraga de fermosura sen igual e na que non falta ata una antiga alvariza.

En Borraxos o carreiro baixa rápido por corredoiras entre soutos a procura de máis muíños e, xa de remate, subimos cara a Penalba onde iniciamos a Ruta do Contrabando.

Ver más external

1 comentario

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 31-may-2016

    O roteiro conta con sinalización con frechas e trazos de cor verde, pero en treitos é moi deficiente de xeito que é moi aconsellable o uso de GPS.

Si quieres, puedes o esta ruta