Dificultade técnica   Fácil

Coordenadas 1155

Fecha de subida 6 de septiembre de 2016

Fecha de realización agosto 2016

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
52 m
-6 m
0
3,3
6,5
13,07 km

Vista 410 veces, descargada 15 veces

preto de Pesqueira, Galicia (España)

A Pesqueira é un lugar da parroquia boirense de Castro que vive maioritariamente da pesca e o marisqueo, contando coma referente o importante porto de Cabo de Cruz. A nosa andaina transcorrerá polo litoral que bordea a esta freguesía, pechando o círculo pola súa agra interior.

Podemos comezar o percorrido na zona portuaria para seguir a Punta do Cabo, onde se ergue a cruz que lle da nome a esta zona -Cabo de Cruz-. Pola enseada chegamos a praia de Ribeira Grande e deixando atrás o núcleo de casas mariñeiras achegámonos ata a Punta Piñeirón para admirar un cruceiro conmemorativo da Ruta Xacobea do mar de Arousa - Ulla.

Por unha pasarela de madeira atravesamos a praia de Carragueiros por detrás das dunas, pasando ao carón dunha lagoa que fai as funcións de viveiro de marisco, estando xa nós fronte a praia da Retorta. O noso paseo continúa por diante da capela do Carme e baixamos deseguido a praia do Chazo para proseguir polo areal da praia de Ladeira.

Pasado o peirao de Punta Ancados o camiño intérnase nunha fraga que remata en Triñáns e deixando o seu núcleo habitado segue o piñeiral do monte Serpín. Entre leiras volvemos cara a costa, atopándonos coas praias de Rebordelo, Cariño e do Laranxo. Estamos en Esteiro que no pasado contou cunhas salinas que fornecían as industrias salgadeiras que por aquí tiñan donos cataláns. Só resta chegar a Cabo de Cruz.

Ver más external

1 comentario

  • Foto de MorenoJAM

    MorenoJAM 07-sep-2016

    Precioso lugar, gracias por compartir.

Si quieres, puedes o esta ruta