-
-
659 m
414 m
0
2,4
4,7
9,48 km

Vista 362 veces, descargada 3 veces

preto de Meira, Galicia (España)

ROTEIRO AVELINO DÍAZ (MEIRA - A ÓRREA)

Ruta seguida polo poeta, xornalista, dramaturgo e activista cultural Avelino Díaz (A Órrea, 1897 - Buenos Aires, 1971) desde o seu lugar de nacemento (A Travesa - A Órrea) ata Meira, pasando pola que foi a súa casa no lugar da Pena, xa en Meira. Aínda que a ruta é máis doada partindo de Meira, descríbese a continuación o camiño orixinal de Avelino (e dos mirandeses e mirandesas en xeral) para ir á feira, cada segundo domingo, partindo da Órrea.

Arranca este ROTEIRO na parroquia da Órrea, diante da casa natal do poeta Avelino Díaz, a unha altitude duns 400 m. sobre o nivel do mar, discorrendo por unha senda centenaria que os mirandeses e as mirandesas seguían cada quince días para vender e mercar na feira de Meira. Os primeiros 700 m. transitan por un terreo chan, atravesando as casas da Travesa e o Río Mourín (denominado Río da Órrea ou de Xudán nalgúns mapas), afluente do Eo. Ao chegar a PENA DA ABELLEIRA, onde outrora as abellas buscaban o néctar nas floriñas dos toxos, queirotas e militrocas, o camiñante comeza un suave ascenso duns 1.500 m. polos montes do Formigueiro (pola Costa de Candedo), nos que se mestura a tradición, personificada nas carballeiras, e a “modernidade”, reflectida nos piñeiros e eucaliptais. Ao chegar á FONTE DA PASCUA, a 530 m de altitude, a pendente reláxase de novo para que o excursionista poida contemplar e gozar do encanto dunha natureza agreste, pasando polas FONTES DA CABANA, a REGA DO FRANCÉS e a REGA DA GADELLA, iniciándose outra suave subida que o conducirá ata o alto do XUNCÁS (650 m de altitude). Desde alí poderá divisar as lombas que pechan a Gran Chaira luguesa, iniciándose logo un tamén suave descenso a través das localidades de LEIRAS, O VAL DA CAL, PAREDES e A PENA… Neste último lugar Avelino pasou parte da súa nenez e xuventude e desde el enxérgase xa a milenaria, histórica e monumental vila cisterciense de Meira, rematando esta andaina na espléndida Praza do Convento, diante da igrexa e do Concello.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta