-
-
268 m
3 m
0
8,0
16
31,97 km

Vista 35 veces, descargada 1 veces

preto de Pontevedra, Galicia (España)

Dado que moitas veces pasamos por Peralba ata Vilarchán e que estamos no verán, esta ruta foi plantexada para descubrir novas zoas polas que non pasaramos antes e que ademais poidamos refrescarnos en algunha poza.

Esta primeira exploración centrouse entre Peralba, O Salgueiral, Río Almofrei e o Monte do Outeiro da Abelleira. As pistas que recorremos dende Peralba son moi chulas e asequibles.
Nesta ruta chégase as Fervenzas do río Almofrei, onde hai unhas pozas estupendas para remollarse no verán. Alí estivemos como unha media hora, foi un verdadeiro luxo.
Fixemos esta ruta Jose, Xulio, Miguel i eu.

A intención inicial era seguir, por pistas, en exploración, dende o Monte da Abelleira ata Contixe, Mirón e pasar polo fermoso entorno da ponte medieval do río Almofrei onde plantexabamos un segundo remollo. Despois estaba previsto un terceiro remollo na praia fluvial de Calvelo ou Do Canal en Tenorio, no río Lérez. O Retorno a Pontevedra sería cruzando este río pola ponte colgante que está perto desta praia ata San Andrés de Xeve, e pasando por detrás do campo de tiro de Cernadiñas Novas. perto de Ponte Bora. Finalmente unha vez explorada e feita esta ruta, que chamaremoslle a "Ruta dos tres Remollos", será colgala por aquí.

A ruta de hoxe chamaremoslle, tamén, "A ruta do primeiro remollo".

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta