• Foto de Ruta de Cutián
  • Foto de Ruta de Cutián
  • Foto de Ruta de Cutián
  • Foto de Ruta de Cutián

Dificultade técnica   Moderado

Coordenadas 9176

Fecha de subida 24 de marzo de 2012

Fecha de realización marzo 2012

-
-
368 m
80 m
0
10
20
40,56 km

Vista 1158 veces, descargada 10 veces

preto de Mourente, Galicia (España)

Ruta express acompañándo o río Lerez dende Pontevedra ata Cutián, por terras de CampoLameiro e Cotobade. Típica ruta feita con apuros de tempo, nos que temos que sacrificar pistas e escoller asfaltos, aínda así fixéronse quilómetros dabondo.

Iniciamos a ruta repetindo o descenso do Mercantil de Mourente, polo mesmo camiño que descubrimos o outro día.

Unha vez rematada á senda do Lérez, xiramos á esquerda na ITV, mesmo pensei de levar a miña bici a revisión, despois da última montaxe de cuadro parece que todo está OK.

Continuamos polas coñecidas pistas que comenzan no campo de tiro, con unha pequena variante que consiste en atravesar un prado particular, onde fai uns anos nos saíu unha señora berrando cun pau detras nosa. Nesta ocasión atravesamos furtivamente sen novidade para chegar a Santa Cruz.

O camiño tradicional empedrado lévanos ata Fragoso, onde aproveitamos un bonito descenso para achegarnos á Insua do Lérez, onde o río fai unha fermosa volta. Para chegar houbo que facer unha travesía selvática de pouco máis de 50 metros.

Unha dura rampa de formigón diríxenos á estrada de Campo Lameiro. O tempo apremia, así que seguimos ata A Laxe por estrada, para volver baixar ó río na zona do refuxo de pesca é área recreativa de Cutián, para poder atravesar á outra banda do río, xa en terras de Cotobade.

Por falla de tempo quedou atrás o puzzle (outro día direivos que é o puzzle), tivemos que rexeitar pistas prometedoras para coller directos o atallo de Cutián a Viascón. Nesta última localidade atopamos unha pequena e nova ruta BTT, que fixemos como último divertimento antes de iniciar o camiño de retorno a Pontevedra, abusando da estrada nacional.

Ver más external

1 comentario

Si quieres, puedes o esta ruta