Dificultade técnica   Fácil

Tempo  unha hora 46 minutos

Coordenadas 432

Fecha de subida 3 de septiembre de 2012

Fecha de realización septiembre 2012

-
-
58 m
-12 m
0
1,2
2,4
4,71 km

Vista 3098 veces, descargada 74 veces

preto de Cambados, Galicia (España)

Este roteiro circular escasamente sinalizado e con algún problema de mantemento comeza no fermoso monte d´A Pastora, antigo asentamento castrexo e situado a poucos metros do centro da vila de Cambados.
De primeiro achegámonos ata a capela da Pastora (séc. XVI) no medio dunha frondosa arboreda mixta e de aquí ao miradoiro sobre a ría de Arousa e a xunqueira que forma o río Umia na súa desembocadura. Baixamos cara ao camiño asfaltado que vai por detrás do cemiterio de Santa Mariña Dozo e entre viñedos de albariño e leiras chegamos ao río.
Nas ourelas do Umia unha pasarela de madeira nos servirá de observatorio das aves que habitan nesta zona de protección especial. Regresamos da pasarela e seguimos acompañando ao río e un chisco antes da ponte da Barca metémonos a dereita polo camiño asfaltado que abandonamos a uns douscentos metros tamén pola dereita, indo agora por unha corredoira.
A altura dun colexio subimos e nos intramuros do cemiterio visitamos as ruínas da igrexa de Santa Mariña Dozo, do século XV e declarada Monumento histórico-artístico no ano 1.943 e xa acadamos o punto de inicio do percorrido.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta