Dificultade técnica   Fácil

Tempo  5 horas 29 minutos

Coordenadas 1235

Fecha de subida 20 de septiembre de 2012

Fecha de realización septiembre 2012

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
49 m
-18 m
0
3,5
6,9
13,86 km

Vista 6355 veces, descargada 132 veces

preto de A Pobra do Caramiñal, Galicia (España)

Este percorrido polo litoral norte da ría de Arousa, entre a Pobra do Caramiñal e Santa Uxía de Ribeira (ou Riveira), farémolo procurando sempre este mar tranquilo que baña praias de fina area.
A andaina comeza n´A Pobra, terra adoptiva de Valle-Inclán, a carón da súa casa-museo na Torre de Bermúdez. Enfilando polo paseo da praia do Areal chegamos a Xobre, onde vemos a súa igrexa e casa reitoral e aquí afastámonos da costa para ir ao lugar de Cabío, baixando de novo ao litoral por un sombrizo camiño ata a praia nudista de Agronovo.
Ao chegar ao campo de fútbol, imos pola parte dabaixo xa que aquí conectamos cunha pasarela de madeira que asoma sobre a praia de Cabío e nos leva ata a de Lombiña. Do piñeiral da súa punta pasamos ao areal de A Illa e pisamos outra pasarela que vai ata a praia d´A Corna, que conta cunha boa área de lecer a sombra duns piñeiros. Estamos as portas de Palmeira e xa no porto temos o monumento ao emigrante sobre un mirador. Cun pequeno desvío polas estreitas rúas iremos ata a igrexa neoclásica de San Pedro, na parte alta da poboación.
Pasamos pola praia de Insuela e bordeando a súa punta poñémonos no pequeno e recollido areal do río Azor, separado da longa e equipada praia de Coroso por un piñeiral.
De remate avanzamos polo paseo marítimo e zona portuaria ata o posto de información turística de Santa Uxía de Ribeira, onde acabamos.
O roteiro non está sinalizado mais non debería presentar dificultade para facelo sen GPS.

Ver más external

3 comentarios

  • Foto de cerengo

    cerengo 14-dic-2013

    Tenía ganas de hacer una ruta que siguiera el litoral por esta zona, así que en cuanto encontré este track no me lo pensé. La verdad que vale la pena. Recorre playas muy bonitas y alguna corredoira interesante. En 3 horas, con las obligatorias paradas para las fotos se hace sin problemas. Para una próxima ocasión, con más tiempo tengo ganas de probar a ver si es factible hacer el tramo palmeira - insuela por la playa para así evitar un tramo de carretera. Es recomendable hacer la ruta con marea baja para facilitar el transito por algun tramo de playa.

    Ha realizado esta ruta ver detalle

  • ARZUGRAFICA 12-may-2014

    Muy fácil de hacer , mejor con marea baja.

    Ha realizado esta ruta ver detalle

  • saltarios 09-nov-2015

    Si el tiempo acompaña es una gozada caminar a la orilla del mar

    Ha realizado esta ruta ver detalle

Si quieres, puedes o esta ruta