J_Moure
832 54 0
  • Foto de Lalín Sixto Pena de Francia Espiñeira Testeiro Candán Barcia
  • Foto de Lalín Sixto Pena de Francia Espiñeira Testeiro Candán Barcia
  • Foto de Lalín Sixto Pena de Francia Espiñeira Testeiro Candán Barcia
  • Foto de Lalín Sixto Pena de Francia Espiñeira Testeiro Candán Barcia
  • Foto de Lalín Sixto Pena de Francia Espiñeira Testeiro Candán Barcia
  • Foto de Lalín Sixto Pena de Francia Espiñeira Testeiro Candán Barcia

Dificultade técnica   Difícil

Tempo  9 horas 19 minutos

Coordenadas 3332

Fecha de subida 14 de marzo de 2013

Fecha de realización septiembre 2009

-
-
1.013 m
421 m
0
25
50
100,68 km

Vista 2251 veces, descargada 28 veces

preto de Lalín, Galicia (España)

Ruta que sae de Lalín por Agruchave, Regoufe e Antuín e nos leva ata A Cabreira. Collemos dirección Sixto por un camiño que pasa ao lado dunha serra e xusto antes de entrar na aldea de Requeixo xiramos á dereita e por Barrio diriximonos a Vilarello. Xusto na entrada de Vilarello, entre as primeiras casas collemos á dereita un camiño de terra que nos leva por Saa e A Parte ata a Pena de Francia. Baixamos ata Cubelos e Vidueiros para chegar ao Alto de San Martiño, na N-525. Cruzamos por Coto Frio e Tras da Costa ata Abeledo. Aquí collemos un camiño ancho que nos leva polo Marco do Pulgán ata A Cruz da Grade. Estamos na estrada que vai de Lalín a Carballiño. Collemos dirección Carballiño e aos 20 metros collemos un camiño á dereita que nos leva ao Alto da Romiña. Un camiño en subida moi cómoda que nos vai ofrecendo a medida que nos imos acercando ao alto fermosas vistas Val do Irixo, do Monte de A Madanela, dos Montes do Paraño e do Testeiro e finalmente da Serra do Candán e dunha boa parte da comarca de Deza. No Alto da Romiña temos que coller un camiño á dereita ata a A Ermida e dende aquí baixamos a Espiñeira e Carballeda. Aquí iniciammos a subida ao Testeiro para logo baixar directamente ata A Trigueira. Novamente toca subir por un camiño que vai facendo zetas prácticamente ata a cima e ofrecendonos a cada recurva unhas sorprendentes e espectaculares vistas. Chegamos ao cruce que nos leva ao alto do Monte Coco. Deixamolo á dereita e collemos o camiño da esquerda durante un Km. +/- para seguir ata o cruce que nos leva á pista de servizo do parque eólico. Collemos o camiño da dereita para dirixirnos ao punto máis alto da Serra do Candán. Agora toca desfrutar da longa baixada que temos ata a aldea de A Coelleira e o Pozo do Boi para dirixirnos por estrada ata Lalin.

A ruta Candán - Testeiro con maior amplitud de percorrido e en sentido contrario.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta