Dificultade técnica   Moderado

Tempo  6 horas 14 minutos

Coordenadas 1881

Fecha de subida 16 de abril de 2013

Fecha de realización abril 2013

-
-
1.721 m
1.000 m
0
3,5
7,0
14,03 km

Vista 3136 veces, descargada 65 veces

preto de Prada, Galicia (España)

No centro da provincia de Ourense érguese o Macizo Central conformado polas serras de Burgo, San Mamede, Corzas, Invernadoiro e Queixa. Nesta derradeira sobrancea o macizo de Cabeza de Manzaneda cuxo cumio acada os 1782 m de altitude.
Nós comezaremos moi preto do cimo a nosa travesía ata Chandrexa de Queixa, primeiro polo altiplano e logo en descenso pola vacía glaciar de Forcadas. O percorrido será moi variado, doado polos camiños e pistas do altiplano, por carrouchos e carreiros nas baixadas das abas e ao remate polas antigas corredoiras que unen Forcadas con Celeiros, a capital de Chandrexa.
As vistas desde o alto serán xenerosas sobre os montes do Invernadoiro, serra de San Mamede e, ao fondo, as aldeas de Chandrexa e máis o seu encoro.

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta