Dificultade técnica   Moderado

Tempo  7 horas 18 minutos

Coordenadas 2413

Fecha de subida 19 de abril de 2013

Fecha de realización abril 2013

-
-
1.341 m
915 m
0
5,0
10
20,1 km

Vista 2271 veces, descargada 27 veces

preto de Montederramo, Galicia (España)

No Macizo Central Ourensano érguense a Serra de San Mamede e a Serra do Burgo polas que irá transcorrir o noso percorrido, pasando polo bidueiral de Gabín.
A travesía comezámola na área de lecer A Palloza, en Montederramo, cadrando no primeiro treito cos roteiros do Bidueiral e o do Santo. Por fermosas corredoiras acadamos as aldeas de Vilanova e máis Fondedoso e a partir do rego de Groil atallamos, evitando a pista forestal, cara ao abraiante bidueiral de Monterramo, na parroquia de Gabín; bosque de máis de 250 ha. declarado Lugar de Interese Comunitario.
Comeza agora a parte de baixada, por veces coincidente co abandonado GR-56, para enfilar cara a aldea en ruínas de O Teixedo, pertencente xa ao concello de Chandrexa de Queixa e chantada nunha contorna de vellas carballeiras.
Por unha congostra paralela ao rego de Valdemiotos poñémonos na Ferrería, con casas en pedra, un senlleiro teixo e a na ribeira do río Queixa. A partir de aquí o camino é doado e chairo ata rematar na ponte de Santa Cruz, nunha das colas do encoro de Chandrexa.

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta