Dificultade técnica   Fácil

Coordenadas 380

Fecha de subida 13 de diciembre de 2009

Fecha de realización diciembre 2009

-
-
760 m
419 m
0
2,0
4,0
7,96 km

Vista 6360 veces, descargada 197 veces

preto de Lobios, Galicia (España)

No Xurés, camiñada que combina as rutas dos muíños de Vilameá, a da ermida do Xurés e o principio da ruta da mina das Sombras.
Saíndo no inicio da Ruta dos muíños de Vilameá, súbese pola beira dereita do río, atravésase o río pola pasarela e báixase pola beira esquerda. Antes de chegar ao punto de partida, hai que xirar á esquerda e continuar subindo pola estrada para abandoala enseguida ata enlazar coa parte final da Ruta da ermida que está ben sinalizada con postes de madeira. Chégase a un punto baixo unhas mimosas onde hai un cartel que indica cara á esquerda para a mina das Sombras e para a dereita cara a ermida do Xurés. Desde aquí ata a ermida tamén é parte da Ruta da mina das Sombras. Unha vez chegados á ermida, a volta ao punto de partida faise seguindo a parte inicial da Ruta da ermida. Pásase xunto a dous calvarios do século XVIII. Na parte máis baixa da ruta, deixámola e continúase cara a esquerda por un camiño moi claro que finalmente entra en Vilameá e de ahí xa só 500 m ata o punto de partida. En varias partes da ruta hai marcas de plástico vermello de bici de montaña. Feita por Lucía e Jose en decembro de 2009.
Outra ruta no Xurés: Baixada da Corga da Fecha

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta