• Foto de Río Belelle-Fervenza-Camiño de Marraxón-Ría do Ferrol-Fene-Neda (A Coruña)

Dificultade técnica   Moderado

Tempo  4 horas 32 minutos

Coordenadas 2371

Fecha de subida 23 de marzo de 2015

Fecha de realización marzo 2015

-
-
349 m
33 m
0
3,9
7,8
15,63 km

Vista 3087 veces, descargada 52 veces

preto de Neda, Galicia (España)

Sábado, 21 de marzo de 2015. San Benito do inverno. O río Belelle. Marraxón
Destino a Neda (A Coruña) percorrer terras bañadas polo río Belelle. Mañá óptima para camiñar, con vento do nordés. Nace nas Pontes e percorre A Capela, Fene e Neda para verter as súas augas na ría de Ferrol. Un río importante para a bisbarra, vital no desenvolvemento económico. Abastecemento augas a Ferrol e bisbarra, enerxía eléctrica, muíños relacionados co pan (pan de Neda). Tamén no lavado e branqueo das velas dos buques. E a beleza paisaxista para o visitante.
Destaca a fervenza do río Belelle. Fantástica. Camiñamos por unha singular paraxe natural, acompañados do murmurio da fervenza que parece esconderse entre o manto arbóreo. Nun merendeiro moi ben preparado aparece ante os nosos ollos caía espectacular das augas do río Belelle. Dende o monte de Marraxón pódense ver a paisaxe xenuína da bisbarra.
Percorrido circular de dezaseis quilómetros fantásticos, tendo como actores principais o río Belelle e o camiño de Marraxón. Recoméndovos visitar esta fervenza.

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta